Achégase a noite dos mortos!

Ola de novo!

Como xa sabedes, outubro está a piques de terminar e iso implica que chega a noite dos mortos, ou como se di hoxe en día "Halloween" o termo en inglés.

Esta tradición remóntase moi atrás no tempo, xa que nesta época de mediados de outono é cando o tempo comenza a empeorar, as colleitas acábanse e as familias preparábanse para o longo inverno. Algo bastante común en toda Europa. Por tanto, está relacionada co fin do verán.

Influencia estranxeira:

Como dixen antes, a palabra que utilizamos os  jovenes para chamar a esta festa é "Halloween"; e con ela veñen a maioría de tradicións dos irlandeses, que son os creadores da noite dos mortos que coñecemos hoxe en día, xa que o celebraban en Irlanda por aquel entón e logo nel século XIX, cando emigraron a América (emigraron 4 millóns de irlandeses) levaron con eles todas esas tradicións.

Os irlandeses disfrazábanse de cousas  terroríficas e poñían unha cabaza na porta das súas casas para "escorrentar aos malos  espiritus" Un século despois, coa globalización impúxose unha cultura norteamericana na maioría de países europeos. Alí foi cando entrou esta festa en España.

Pero, hai que ter en conta que aquí tamén se tiñan costumes parecidos para a véspera de Todos os Santos. Abríanse os cemiterios para rezar aos nosos parentes mortos, facíanse luces con cabazas ou remolachas e incluso asustábase á xente! (como agora tamén se fai) Todo isto contáronmo os meus avós, que non tiñan nin idea do que era o moderno "Halloween" e só facíano por tradición e non por moda.

Así que podemos ver que xa era unha festa importante sobre todo nos pobos e espazos rurais. Pero, a finais do século pasado gañou importancia tamén nas cidades.

A festa celta de Samaín:

Teño que resaltar que todo o que mencionei antes da tradición irlandesa vén da festa celta de Samaín, a cal tiña gran importancia na zona de Galiza cando estaba poboada por estes pobos. De alí  deriban tanto as cabazas como saltar o lume e daba o comezo á "época escura".

Bo, creo que aquí acaba o artigo sobre a noite dos mortos, e espero que volo pasedes moi ben se a ides a celebrar con amigos!

Adeus!

foto:photo credit: Thomas Rousing Photography <a href="http://www.flickr.com/photos/43812360@N05/14924638603">Halloween in Copenhagen #5</a> via <a href="http://photopin.com">photopin</a> <a href="https://creativecommons.org/licenses/by/2.0/">(license)</a>

Comentarios