Canto se le hoxe en día?

Ola outra vez! Hoxe vouvos a falar de como cambiaron os hábitos de lectura entre a poboación. Nun tempo non moi afastado, o libro era un instrumento fundamental para a sociedade, pero hoxe parecer pasar a ser de segunda necesidade. Por que pasou isto? Iso é o que veremos neste artigo.

Antes a biblioteca estaba para ler, non para estudar ou aproveitar o wifi. Antes pedíanse libros como agasallo de aniversario ou de Nadal, e non un videoxogo. Antes cando te aburrías, lías un libro e non xogabas co computador ou mirabas o móbil. Todo cambiou por unha soa cousa: a facilidade de usar a tecnoloxía. En consecuencia, a xente empezou a ter menos tempo para a lectura e deixouse de asociar como unha forma de entretenemento e lecer. Pero, aínda que a lectura está a volverse a impulsar, a cifra segue sendo alarmante: o 40% da poboación española non le libros. Isto afecta sobre todo a adolescentes, xa que naceron directamente tendo a tecnoloxía ao seu alcance.

Tamén se podería argumentar que a tecnoloxía posibilita o que se poida ler en dispositivos como e- books. Pero non se poden comparar os libros de papel de toda a vida co cheiro das súas follas e os aparellos electrónicos que poden estragar a vista. 

Para concluír, teño que resaltar os beneficios da lectura: estimula a memoria e a imaxinación e incrementa o vocabulario. Ao manter o cerebro activo, axuda a previr enfermidades. E a máis importante: favorece a expresión oral e escrita.

E isto foi todo, espero que vos gustara a miña reflexión e se vos gustaría engadir algo, poñede un comentario abaixo!

Ata loguiño! Adeus!

Imágen: photo credit: Xurxo Martínez <a href="http://www.flickr.com/photos/73637077@N00/49486522">Librería en Jimbo Cho (bookshop in Jimbo Cho)</a> via <a href="http://photopin.com">photopin</a> <a href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.0/">(license)</a>

Comentarios